viernes, 11 de junio de 2021

Curso 2021-22 en preparación

 Antes de nada un saúdo a todos e todas, desde o ANPA estase a preparar o curso que ven, que todos esperamos que supoña unha volta a unha normalidade máis "normal".

Polo pronto podemos adiantar o seguinte:

-COMEDOR: Para a reserva de praza do comedor hai que seguir o procedemento do ano pasado -a través da aplicación de Jardanay- e será en principio a mediados de agosto. Avisarase da data exacta a través deste Blogue e da web do Colexio

-ACTIVIDADES: este ano estase a traballar para que haxa actividades. Próximamente enviarase unha circular informativa coas ditas actividades, calendario, inscripción etc....

-BANCO DE LIBROS: Para o seguinte curso só temos libros para 4º de Primaria pois en 5º e 6º teñen EDIXGAL e en 3º son novos e aínda non houbo donacións. Os libros de 4º entregaranse o mesmo día que ponga o colexio para entregar os da Xunta. Será por orde de chegada e terán prioridade en caso de duda os socios/as da ANPA


E un ano máis invitarvos a que os fagades ou renovedes a vosa condición de Socios/as do ANPA para que disfrutedes das vantaxes que iso supón e podamos seguir facendo cousas en común pola mellora do paso dos nosos nenos e nenas por esta etapa tan importante nas súas vidas como é a escolarización en Infantil e Primaria

Unha aperta a todas e todos e moita saúde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario