miércoles, 29 de mayo de 2019
Atención! Documentación actualizada para o servizo de Comedor e Madrugadores
Na dereita da páxina do blogue podedes atopar na sección DOCUMENTACIÓN DA ANPA os novos formularios para os servizos de Comedor e Madrugadores que presta a empresa Jardanay
miércoles, 22 de mayo de 2019
Probas de reválida
Este é o correo da federación de ANPAS.
"Estimadas ANPAS:
Achegamos comunicado da Federación e CONFAPA-GALICIA en relación coas probas de evaluación dos vindeiros días 28 e 29 de maio , e modelo de xustificante da ausencia do alumnado para entregar ás familias que decidan non enviar aos seus fillos a someterse as devanditas probas.
Rogamos fagades difusión ás familias para que estean informadas.
Moitas gracias e saúdos cordiais
Xunta Directiva"
Aquí podedes acceder aos documentos que se nombran:
jueves, 16 de mayo de 2019
EXHIBICIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Estimados pais e nais, estamos encantados de poder invitarvos á festa de exhibición das actividades do curso 2018-2019. Terá lugar o vindeiro martes día 18 de Xuño no centro, concretamente no pavillón (16:00 a 17:30) e no salón de actos (17:30 a 18:30).
O punto principal da festa céntrase nas exhibicions da maioría das actividades ás que acudiron os nenos e nenas ó longo do curso, e será por este orde:
A partir das 16:00 no pavillón:
1. En baile infantil e de primaria e zumba representarán coreografías de diferentes estilos musicais.
2. En patinaxe (infantil y primaria) ensinarannos as habilidades e destrezas adquiridas ao longo do curso.
3. En taekwondo realizarán una demostración de habilidades psicomotrices xerais e técnicas específicas do taekwondo.
4. En iniciación ao deporte farán una demostración das habilidades aprendidas na actividade.
5. En futbito realizarán exercicios propios da técnica e táctica do fútbol sala como, control do balón, pases e os movementos no campo.
A partir das 17:30 no salón de actos:
6. En música interpretarán unha canción composta por eles mesmos.
7. En psicomotricidade musical os nenos e nenas cantarán unha canción e realizarán una coreografía.
8. Os nenos e nenas de English Play e 1º-2º cantarán e bailarán unha canción en inglés.
9. En teatro representarán a obra que levan meses preparando, na que nos amosarán todos os seus sentimentos.
10. Os cociñeiros de cociña endulzarannos a tarde coa elaboración dun delicioso doce.
11. Os alumnos e alumnas de informática fixeron cartéis promocionando a festa.
12. Veremos cómo os alumnos de pintura e jumping clay amosannos os seus traballos realizados na actividade.
Dende as 16:00 ata as 17:30 aproximadamente as exhibicions deportivas e exhibicions de baile terán lugar no pavillón. Posteriormente, de 17:30 a 18:30 as exhibicions de psicomotricidade musical, música, teatro e inglés terán lugar no salón de actos. Ao finalizar a festa entregaráse aos participantes un doce elaborado polos alumnos de cociña.
Contamos coa vosa presencia e confiamos en pasar unha estupenda tarde con todos vos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)