martes, 20 de diciembre de 2016

Renovación da subvención do Concello de Oleiros

O Concello de Oleiros renova a subvención para as actividades extraescolares desenvoltas no noso centro.
Podedes acceder ó documento oficial no seguinte enlace.

viernes, 25 de noviembre de 2016

BECAS COMEDOR CONCELLO DE OLEIROS CURSO 2016-2017

BECAS COMEDOR CONCELLO DE OLEIROS CURSO 2016-17
Estimadas familias está en prazo a solicitude de Beca para comedor escolar do Concello de Oleiros ata o 16 de decembro. Podedes consultar as bases na páx web do Concello- Educación ou pedirlle a solicitude e bases a Manuel no comedor. Máis información no tfno: 656 99 55 18

ENLACE A SOLICITUDE

ENLACE ÁS BASES 

Maianca, 24 de novembro de 2016
Atentamente, a Directiva da ANPA

domingo, 13 de noviembre de 2016

Resumo da Acta do 14 de novembro de 2016



Asamblea Xeral  Extraordinaria do 14/11/2016
Hora: 17:30 1ª convoatoria e 18:00 h 2ª convocatoria no comedor do centro. Nº de asistentes: 8 pais

Agradecemento pola asistencia e presentación da directiva.
1.    Lectura da acta anterior e aprobación da mesma por unanimidade.
2.    Previsión do estado de contas:
Socios do ANPA 275 frente aos 262 do ano anterior. Ingresos da cuota de socios e seguro 7.000 €
Gasto do seguro: 2.154 €, nen@s asegurados 293
Comedor 143 nen@s (55 de infantil e 88 de primaria)
Madrugadores: 18 nen@s
Actividades: 151 nen@s. Ingresos:sobre 3.400 € mensuais.Totais curso aproximados: 32.218 € Gastos de Move 45.000 €/curso. Gastos ábaco:6.265 € /curso. Total aprox.: 51.000 €
Teléfono: 270 €/ano
Federación de ANPAS 100 €
3.    Actividades extraescolares
Unha nai propón que as actividades máis demandadas se fagan a primeira hora. Dende o ANPA explícase que ás veces unhas actividades dan máis resultado que outras (intentarase poñer teatro e non saíra e este curso hai lista de espera), temos que combinar os espacios que temos e  coordinar aos monitores para que lles compense vir 2 horas, non é unha tarefa sinxela.
4.    Comedor escolar
Reorganización do espacio para que colleran todos os comensais. Bancos en vez de sillas.
Comedor social: temos 11 nen@s, encárgase o Concello de costearlles o comedor previo informe de S. Sociais.
Subvencións: tres tipos
·         S. Sociais (Concello): subvencionan ao alumnado previo informe depende dos ingresos da familia e é a familia quen a solicita.
·         Educación (Concello): informarase cando saia a través do alumnado de comedor, depende dos ingresos da familia e é a familia quen a solicita.
·         Xunta: solicitada polo ANPA, repártese entre todos os comensais a final de curso segundo os menús servidos. Cada ano subvencionan menos e son máis comensais polo que toca a menos.
5.    Fotos: proponse facelo a través das empresas que aínda que deixan un beneficio ao ANPA a directiva non estamos dacordo porque nos parece excesivo o precio pola reportaxe pero queremos que os asistentes voten esa opción. O resultado da votación é 0. Intentaremos que as siga facendo Suso (pai  e membro da directiva que as realiza desinteresadamente) ou se hai outra proposta pois tamén será valorada. Unha nai propón que a poida facer un alumno en prácticas e darlle o beneficio que o ANPA poida sacar desas fotos de grupo.
6.    Axuda ao alumnado de sexto: recibirán 50 € o alumnado que leve como soci@ 4 anos, a excepción dos que se incorporaran máis tarde que se prorrateará a axuda.
Se hai alumnado con poucos recursos tamén se lles axudará pero imos pedirlles que colaboren nas festas que se organicen no cole.
Preguntamos que lles pareceu aos pais/nais ter que elixir o destino da excursión. A resposta é que non lles pareceu nin ben nin mal.
7.    Conta bancaria: Falase das distintas opcións que nos ofreceron en La Caixa, Sabadell e Abanca. Lévase a votación e deciden que sexamos a directiva quenes escollamos xa que somos quenes xestionamos e as que temos que ir ao banco. Decidimos seguir con Abanca aínda que non é o que ten as mellores condicións pero si a que está máis cerca e  eso facilitanos as xestións.
8.    Convivencias, talleres e festas: vemos boa disposición por parte do centro. No Samaín celebrárono pola mañá e fixeron xogos, parte da directiva axudou pola mañá e aportamos auga que foi o que nos pediron dende o centro. Realizaremos pola tarde as festas que o centro non realice. No último consello escolar había boa disposición a facer o entroido un día pola tarde todos xuntos, se non fose así xa lles dixemos que o faríamos independente (non coa temática proposta polo centro)
Convivencias: faremos a festa fin de curso e excursión en familia coma estes dous últimos anos. Retomaremos as saídas aos museos.l
Solicitamos colaboración para facer talleres e para participar na directiva xa que para o ano a intención é que a vaian collendo outras persoas.
9.    Rogos e preguntas:
a.    Consello escolar: explicamos a importancia da  participación dos pais e nais no Consello escolar e que dende o centro nos piden máis participación. Anótase Miguel Rubio
b.    Libros e xoguetes: mandarase unha circular solicitando libros e xoguetes en bo estado para os recreos no comedor, para infantil e a biblioteca proposta feita polos mestres do centro.
c.    Proposta de facer swaap: trátase dun intercambio de roupa e calzado a través de vales. Facelo en festas ou un día en concreto. A cada prenda se lle da un valor simbólico e canxéase por outra prenda co mesmo valor simbólico.
d.    Ofrécese unha nai voluntaria para axudar  puntualmente pintando, barnizando…
e.    Preguna unha nai se se fan charlas sobre bulling. Contestamos que si, daraa a Garda Civil no segundo trimestre. As familias será un día pola tarde  e ao alumnado de cursos superiores dase en horario escolar.

Sen máis asuntos que tratar levántase a sesión  ás 19:20 horas.

A Presidenta                                                A Secretaria


Penélope Naveira                                         Beatriz  Vázquez

jueves, 8 de septiembre de 2016

Acta da reunión celebrada o 30 de xuño de 2016



Asamblea Xeral  Extraordinaria do 30/06/2016
Hora: 18:30 1ª convocatoria e 19:00 h 2ª convocatoria no comedor do centro. Nº de asistentes: 38

·         Lectura da acta anterior e aprobación da mesma por unanimidade.

·         Insistese no lema: o ANPA somos todos e que estamos voluntariamente e desinteresadamente. Proponse que os fillos da directiva o día que están no cole non paguen as actividades, é aprobada por maioría.

·         Que fixemos?:
o   Fotos realizadas por un pai voluntaria e desinteresadamente. Este ano fíxose unha a maiores divertida, excepto en Infantil porque era moi complicado.
o   Festas e excursións tanto no cole como a de final de curso á Casa do Queixo e  a dos inchables que nos regalou Move. Houbo que suspender as de senderismo polo mal tempo.
o   Talleres en familia: gracias ás familias que o fixeron posible.

·         Contas
o   Gastos: 55.512,14 €
o   Ingresos: 57.419,55 €. Destes ingresos dos pais foron 33.105,00€ e 24.314,55 da sub. do Concello
o   As festas realizadas durante o curso e as saídas supuxeron unha merma de 1.644,74 € nas arcas do ANPA
o   Expoñense o resto dos gastos nunha diapositiva: seguro anual, talleres, material, federación ANPA, excursión sexto….
o   Unha nai propón cambio de banco debido aos gastos que nos ocasiona Abanca. Quedamos en miralo.

·         Subvencións:
o   Recibida xa a do Concello por un total de 24.314,55 €
o   Pendente de cobrar a sub. da Deputación dos ordenadores onde so dou para mercar dous porque non chega a 1000 € o concedido. Este ano pediuse para diverso material para actividades deportivas.
o   No próximo ano o Concello vai cambiar o modelo de axudas de comedor ás familias máis desfavorecidas e polo tanto desaparece o convenio onde o ANPA se facía cargo dun 33%.

·         Actividades ANPA 2014-15:
o   Move seguiremos para o próximo curso porque estamos contentos tanto nós coma os pais. Levarán a actividade de inglés para o próximo curso.
o   Central Park: fálase das diferencias coa academia e os motivos polos que decidimos prescindir dos seus servicios entre eles falta de interés, de participación nas festas e no fin de curso. Lemos a carta enviada ás familias por parte da empresa sen autorización nosa.
o   Ábaco: están pagando 49 € na academia, no cole subvencionaselles 9€ por alumn@ (pagan 30 primaira e 20 infantil). 2 votos que quede como está; sub. 5 € 7 votos, non sub. 13 e dúas abstencións. Participacións:
§  Proponse pagar un porcentaxe en todas as actividades.
§  É unha decisión de cada pai/nai e polo tanto o ANPA non ten que subvecionar a actividade.
§  Non é viable o da porcentaxe, hai moitas variables.
§  Invertir en algo que beneficie a todos os alumnos, non so aos de ábaco.
§  Valoralo o ANPA
§  Subvencionar a cada neno.
§  O ano pasado en xuño o 2º irmá non pagaba este ano favoreceuse a  cada alumno en 3€ por actividade, independentemente tivese irmáns ou non.
o   Jardanay: seguimos para o ano porque familias e nós estamos contentos. Cambiaronse cousas durante o curso.


·         Blog: agradecemento a Miguel, pai do centro que colabora desinteresadamente, que se encarga de todo este tema, crear o blog, subir documentos, circulares…

·         Banco de libros: unha mamá di que os libros de sexto están descatalogados. Explícase que están descatalogados porque en previsión da derogación da LOMCE non se cambiaron ese ano e agora a Xunta non lle autoriza ao centro a cambialos.

·         Biblioteca: fíxose unha reforma e mellorouse a biblioteca do centro gracias a unha familia que se encargou de levar o proxecto a diante. Estase pendente dun mural que vai realizar outra nai. Agradecemos suxerencias.

·         Grupos de traballo: animamós á xente a que participe en festas ou temas puntuais.


·         Subvención Comedor Xunta
o   Corresponde este ano 0,49€/prato servido. Repartese o cheque aos presentes ao final da reunión, o resto recolleranos en setembro.

·         Rogos e preguntas:
o   Insisten no cambio de entidade bancaria.
o   Infórmase do cambio de dirección e que comezaremos con eles dende 0, sobre todo co tema das festas.
o   Este ano faranse as visitas aos museos, que foi un tema que quedou pendente.
o   O Concello ofrécenos un cambio de grupos nas Piscinas ante unha suxerencia do ANPA pero non nos convence o que nos proponen porque van de 2 en dous anos.

Sen máis asuntos que tratar levántase a sesión ás 19:50 horas

A Presidenta                                                 A Secretaria



Penélope Naveira                                           Beatriz  Vázquez

miércoles, 22 de junio de 2016

Asamblea do ANPA 30 xuño

ASAMBLEA ORDINARIA 30 DE XUÑO DE 2016
O próximo mércores 30 de xuño convocámosvos a unha asamblea xeral ás 18:30 1ª convocatoria e 19:00 h 2ª convocatoria no comedor do centro. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E COLABORAR!!
Orde do día:
1. Lectura e aprobación da acta anterior
2. Estado de contas
3. Subvencións
4. Actividades extraescolares MOVE 2016/2017 (taekwondo, inglés…)
5. Actividades extraescolar Abaco :votar sub a ábaco
6. Comedor Jardanay: renovación contrato
7. Blog anpa
8. Banco de libros
9. Biblioteca
10. Grupos de traballo curso 2016/17 (festas, talleres, saídas…)
11. Rogos e preguntas
12. REPARTO CHEQUES USUARIOS COMEDOR (subvención Xunta), quen no recolla este día terá que esperar a setembro para recollelo.
Directiva da ANPA Maianca, 21 de xuño de 2016