Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta Resumo de Actas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Resumo de Actas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 8 de noviembre de 2017

Acta da Asamblea celebrada o 6 de novembro

Acta Asamblea Xeral do 6/11/2017
Hora: 17:30 1ª convoatoria e 18:00 h 2ª convocatoria no comedor do centro. Nº de asistentes: 21 pais/nais
Orde do día:

1. Lectura e aprobación da acta anterior
2. Presentación nova Directiva do Anpa
3. Estado de contas
4. Actividades extraescolares
5. Fotos
6. Convivencias
7. Subvencións
8. Rogos e preguntas

1. Lectura da acta anterior e aprobación da mesma por unanimidade.
Un pai, ao finalizar a lectura, di que non está dacordo co do seguro porque non é xusto ter que facer un parte de lesións se é outro menor quen lle rompe as gafas e non hai tal parte. Que o centro comunique o que sucedeu e medie en cada caso. Informase que ese é un punto de rogos e preguntas e que se tratará ao final en rogos e que se mirará outro seguro a ver se cubre sen parte de lesións sen que sexa gravoso para o resto do alumnado.

2. Presentación da nova Directiva do ANPA
Presentanse cada unha das novas compoñentes e o cargo que vai ocupar cada unha.
Cristina Pardo -Presidenta
Analí Martín - Vicepresidenta
Beatriz Martínez - Secretaria
Lara Veira -Tesoreira
Ana Barcia - Vocal
Sonia Rodríguez - vocal

3. Estado de contas
a. Socios 297
b. Asegurados 307
c. Comedor 156 comensais, o ano pasado 140. De Comedor social 12
d. Madrugadores 22
e. En actividades uns 150
f. Ingresos
i. Subvención comedor 6.567,58 € (5.406,78 € o ano pasado)
ii. Anpa + seguro 7.230 €
iii. Subvención do Concello, aínda sen conceder. O ano pasado case 22.000 €
g. Gastos
i. Seguro 2.080 €
ii. Pintado hall do cole 907,50 €
iii. Teléfono 39,90 €/mes. Hai que mirar outra tarifa
iv. Federación ANPAS 100€/ano
v. Alumnado de sexto- excursión fin de curso 50€/participante socio os últimos 4 anos no centro
vi. Museos A Coruña 75 €/ano
vii. Move 4.350 €/mes aproximadamente
viii. Nenoos sobre 500 €/mes
h. Conta do Anpa a data de hoxe 12.700 €, pero faltaría sumar sobre 1.100 € de setembro e outubro que nos ten que ingresar o Concello do Comedor Social que Jardanay xa nos cobrou. E habería que restar o ingreso da Xunta do Comedor que se repartirá a final de curso (6.567,58 €)
i. Conta de aforro do ANPA 12.000€

4. Actividades extraescolares:
Seguimos con MOVE porque estamos contentos cos monitores e coa empresa. Comentanse a grandes rasgos as competencias dos monitores que non son simples monitores senon que son persoas moi preparadas.
Por falta de participantes algunhas actividades non sairon adiante, como inglés a partir de 3º. E outras se se dan moitas baixas tamén terán que anularse porque non se poderían costear.

5. Fotos
Explicase que era un pai (Suso) e Peny os que se encargaban de facelas fotos desinteresadamente pero que si este ano non hai un pai voluntario tamén hai a posibilidade de que o faga unha empresa. O presuposto dunha destas empresas é 10€ unha foto e 16 dúas e un 25% para o ANPA do recaudado ou compensalo nas familias e 7.50 € unha foto e dúas 12 €.
Unha nai pide que se fagan tamén as individuais, que non está dacordo con so as de grupo. Explicaselle que sendo un pai voluntario eso é impensable e imposible de facer.
Ofrecese a nai de Daniel Calvete para facer as fotos e tamén se suma á nova directiva do ANPA.
Neste punto tamén se fala das aportacións que fan os pais para facer cousas no cole como foi a actividade da Casa Grande de Xanceda sobre a adopción de cans.

6. Convivencias
Nas convivencias entran as excursións e as festas de fin de curso. Será a nova directiva quen irá informando do que van ir facendo ao largo do curso.
Falase do éxito que tivo o Túnel do Terror no cole de Sta. Cruz o alumnado de 6º para recaudar para a excursión de fin de curso.

7. Subvencións
a. Comedor Social- Concello: O Concello nun acordo co ANPA subvencionou a totalidade ou case a totalidade de 12 comensais.
b. Comedor Xunta: o ANPA solicita esta axuda á Xunta e reparte a subvención proporcionalmente segundo asistencia ao comedor. Xa se cobrou a que se solicitou este ano do curso 2016-2017.
c. Actividades extraescolares-Concello de Oleiros: xa solicitada pola ANPA ao Concello, agora falta que resolvan e xustificala en decembro.
d. Subvencións da Deputación. Nós agora non lla pedimos polo complicado que o puxeron, pero que se poden retomar en calquer momento se houbese algo interesante. Nós pedíramos para 24 ordenadores e non chegaran a darnos 1000 € polo que foi imposible cambialos por iso están aforrados eses 12.000 € por se fose preciso cambialos ou algún outro tema importante onde ter que invertilos.

8. Rogos e preguntas
a. Un pai propón deixar de pagar o da páx web, xa que so utilizamos o blog e é innecesario ese pago.
b. Unha nai agradece o traballo realizado pola ANPA e destaca que é verdade que é pouco agradecido.
c. Peny recorda algunha das cousas a modo de resumo do que se fixo nestes anos
i. Os nosos valores de honestidade, transparencia…
ii. Contratación dos monitores a través dunha empresa, cambio da empresa de comedor, arranxo das bibliotecas, pintura do hall, saídas e actividades en familia, colaboración co centro con material deportivo, informático, nas festas,…realización das nosas circulares que eran feitas por un profe, loita polo arranxo do cierre do centro e polos 3 cursos de 5º do ano pasado que finalmente non puido ser, e moitas máis.

Sen máis asuntos que tratar levántase a sesión ás 19:10 horas.


A Presidenta                               A Secretaria




Penélope Naveira                       Beatriz Vázquez

domingo, 13 de noviembre de 2016

Resumo da Acta do 14 de novembro de 2016



Asamblea Xeral  Extraordinaria do 14/11/2016
Hora: 17:30 1ª convoatoria e 18:00 h 2ª convocatoria no comedor do centro. Nº de asistentes: 8 pais

Agradecemento pola asistencia e presentación da directiva.
1.    Lectura da acta anterior e aprobación da mesma por unanimidade.
2.    Previsión do estado de contas:
Socios do ANPA 275 frente aos 262 do ano anterior. Ingresos da cuota de socios e seguro 7.000 €
Gasto do seguro: 2.154 €, nen@s asegurados 293
Comedor 143 nen@s (55 de infantil e 88 de primaria)
Madrugadores: 18 nen@s
Actividades: 151 nen@s. Ingresos:sobre 3.400 € mensuais.Totais curso aproximados: 32.218 € Gastos de Move 45.000 €/curso. Gastos ábaco:6.265 € /curso. Total aprox.: 51.000 €
Teléfono: 270 €/ano
Federación de ANPAS 100 €
3.    Actividades extraescolares
Unha nai propón que as actividades máis demandadas se fagan a primeira hora. Dende o ANPA explícase que ás veces unhas actividades dan máis resultado que outras (intentarase poñer teatro e non saíra e este curso hai lista de espera), temos que combinar os espacios que temos e  coordinar aos monitores para que lles compense vir 2 horas, non é unha tarefa sinxela.
4.    Comedor escolar
Reorganización do espacio para que colleran todos os comensais. Bancos en vez de sillas.
Comedor social: temos 11 nen@s, encárgase o Concello de costearlles o comedor previo informe de S. Sociais.
Subvencións: tres tipos
·         S. Sociais (Concello): subvencionan ao alumnado previo informe depende dos ingresos da familia e é a familia quen a solicita.
·         Educación (Concello): informarase cando saia a través do alumnado de comedor, depende dos ingresos da familia e é a familia quen a solicita.
·         Xunta: solicitada polo ANPA, repártese entre todos os comensais a final de curso segundo os menús servidos. Cada ano subvencionan menos e son máis comensais polo que toca a menos.
5.    Fotos: proponse facelo a través das empresas que aínda que deixan un beneficio ao ANPA a directiva non estamos dacordo porque nos parece excesivo o precio pola reportaxe pero queremos que os asistentes voten esa opción. O resultado da votación é 0. Intentaremos que as siga facendo Suso (pai  e membro da directiva que as realiza desinteresadamente) ou se hai outra proposta pois tamén será valorada. Unha nai propón que a poida facer un alumno en prácticas e darlle o beneficio que o ANPA poida sacar desas fotos de grupo.
6.    Axuda ao alumnado de sexto: recibirán 50 € o alumnado que leve como soci@ 4 anos, a excepción dos que se incorporaran máis tarde que se prorrateará a axuda.
Se hai alumnado con poucos recursos tamén se lles axudará pero imos pedirlles que colaboren nas festas que se organicen no cole.
Preguntamos que lles pareceu aos pais/nais ter que elixir o destino da excursión. A resposta é que non lles pareceu nin ben nin mal.
7.    Conta bancaria: Falase das distintas opcións que nos ofreceron en La Caixa, Sabadell e Abanca. Lévase a votación e deciden que sexamos a directiva quenes escollamos xa que somos quenes xestionamos e as que temos que ir ao banco. Decidimos seguir con Abanca aínda que non é o que ten as mellores condicións pero si a que está máis cerca e  eso facilitanos as xestións.
8.    Convivencias, talleres e festas: vemos boa disposición por parte do centro. No Samaín celebrárono pola mañá e fixeron xogos, parte da directiva axudou pola mañá e aportamos auga que foi o que nos pediron dende o centro. Realizaremos pola tarde as festas que o centro non realice. No último consello escolar había boa disposición a facer o entroido un día pola tarde todos xuntos, se non fose así xa lles dixemos que o faríamos independente (non coa temática proposta polo centro)
Convivencias: faremos a festa fin de curso e excursión en familia coma estes dous últimos anos. Retomaremos as saídas aos museos.l
Solicitamos colaboración para facer talleres e para participar na directiva xa que para o ano a intención é que a vaian collendo outras persoas.
9.    Rogos e preguntas:
a.    Consello escolar: explicamos a importancia da  participación dos pais e nais no Consello escolar e que dende o centro nos piden máis participación. Anótase Miguel Rubio
b.    Libros e xoguetes: mandarase unha circular solicitando libros e xoguetes en bo estado para os recreos no comedor, para infantil e a biblioteca proposta feita polos mestres do centro.
c.    Proposta de facer swaap: trátase dun intercambio de roupa e calzado a través de vales. Facelo en festas ou un día en concreto. A cada prenda se lle da un valor simbólico e canxéase por outra prenda co mesmo valor simbólico.
d.    Ofrécese unha nai voluntaria para axudar  puntualmente pintando, barnizando…
e.    Preguna unha nai se se fan charlas sobre bulling. Contestamos que si, daraa a Garda Civil no segundo trimestre. As familias será un día pola tarde  e ao alumnado de cursos superiores dase en horario escolar.

Sen máis asuntos que tratar levántase a sesión  ás 19:20 horas.

A Presidenta                                                A Secretaria


Penélope Naveira                                         Beatriz  Vázquez

jueves, 8 de septiembre de 2016

Acta da reunión celebrada o 30 de xuño de 2016



Asamblea Xeral  Extraordinaria do 30/06/2016
Hora: 18:30 1ª convocatoria e 19:00 h 2ª convocatoria no comedor do centro. Nº de asistentes: 38

·         Lectura da acta anterior e aprobación da mesma por unanimidade.

·         Insistese no lema: o ANPA somos todos e que estamos voluntariamente e desinteresadamente. Proponse que os fillos da directiva o día que están no cole non paguen as actividades, é aprobada por maioría.

·         Que fixemos?:
o   Fotos realizadas por un pai voluntaria e desinteresadamente. Este ano fíxose unha a maiores divertida, excepto en Infantil porque era moi complicado.
o   Festas e excursións tanto no cole como a de final de curso á Casa do Queixo e  a dos inchables que nos regalou Move. Houbo que suspender as de senderismo polo mal tempo.
o   Talleres en familia: gracias ás familias que o fixeron posible.

·         Contas
o   Gastos: 55.512,14 €
o   Ingresos: 57.419,55 €. Destes ingresos dos pais foron 33.105,00€ e 24.314,55 da sub. do Concello
o   As festas realizadas durante o curso e as saídas supuxeron unha merma de 1.644,74 € nas arcas do ANPA
o   Expoñense o resto dos gastos nunha diapositiva: seguro anual, talleres, material, federación ANPA, excursión sexto….
o   Unha nai propón cambio de banco debido aos gastos que nos ocasiona Abanca. Quedamos en miralo.

·         Subvencións:
o   Recibida xa a do Concello por un total de 24.314,55 €
o   Pendente de cobrar a sub. da Deputación dos ordenadores onde so dou para mercar dous porque non chega a 1000 € o concedido. Este ano pediuse para diverso material para actividades deportivas.
o   No próximo ano o Concello vai cambiar o modelo de axudas de comedor ás familias máis desfavorecidas e polo tanto desaparece o convenio onde o ANPA se facía cargo dun 33%.

·         Actividades ANPA 2014-15:
o   Move seguiremos para o próximo curso porque estamos contentos tanto nós coma os pais. Levarán a actividade de inglés para o próximo curso.
o   Central Park: fálase das diferencias coa academia e os motivos polos que decidimos prescindir dos seus servicios entre eles falta de interés, de participación nas festas e no fin de curso. Lemos a carta enviada ás familias por parte da empresa sen autorización nosa.
o   Ábaco: están pagando 49 € na academia, no cole subvencionaselles 9€ por alumn@ (pagan 30 primaira e 20 infantil). 2 votos que quede como está; sub. 5 € 7 votos, non sub. 13 e dúas abstencións. Participacións:
§  Proponse pagar un porcentaxe en todas as actividades.
§  É unha decisión de cada pai/nai e polo tanto o ANPA non ten que subvecionar a actividade.
§  Non é viable o da porcentaxe, hai moitas variables.
§  Invertir en algo que beneficie a todos os alumnos, non so aos de ábaco.
§  Valoralo o ANPA
§  Subvencionar a cada neno.
§  O ano pasado en xuño o 2º irmá non pagaba este ano favoreceuse a  cada alumno en 3€ por actividade, independentemente tivese irmáns ou non.
o   Jardanay: seguimos para o ano porque familias e nós estamos contentos. Cambiaronse cousas durante o curso.


·         Blog: agradecemento a Miguel, pai do centro que colabora desinteresadamente, que se encarga de todo este tema, crear o blog, subir documentos, circulares…

·         Banco de libros: unha mamá di que os libros de sexto están descatalogados. Explícase que están descatalogados porque en previsión da derogación da LOMCE non se cambiaron ese ano e agora a Xunta non lle autoriza ao centro a cambialos.

·         Biblioteca: fíxose unha reforma e mellorouse a biblioteca do centro gracias a unha familia que se encargou de levar o proxecto a diante. Estase pendente dun mural que vai realizar outra nai. Agradecemos suxerencias.

·         Grupos de traballo: animamós á xente a que participe en festas ou temas puntuais.


·         Subvención Comedor Xunta
o   Corresponde este ano 0,49€/prato servido. Repartese o cheque aos presentes ao final da reunión, o resto recolleranos en setembro.

·         Rogos e preguntas:
o   Insisten no cambio de entidade bancaria.
o   Infórmase do cambio de dirección e que comezaremos con eles dende 0, sobre todo co tema das festas.
o   Este ano faranse as visitas aos museos, que foi un tema que quedou pendente.
o   O Concello ofrécenos un cambio de grupos nas Piscinas ante unha suxerencia do ANPA pero non nos convence o que nos proponen porque van de 2 en dous anos.

Sen máis asuntos que tratar levántase a sesión ás 19:50 horas

A Presidenta                                                 A Secretaria



Penélope Naveira                                           Beatriz  Vázquez

martes, 22 de diciembre de 2015

Acta da última reunión celebrada polo ANPA

Asamblea Xeral ordinaria do 30/11/2015
Hora: 17:30 1ª convocatoria e 18:00 h 2ª convocatoria no comedor do centro. Nº de asistentes: 18 pais

* Lectura da acta anterior e aprobación da mesma, comunicamos o cambio de lugar dun párrafo para poñelo no
apartado correspondente onde se fala das axudas aos nen@s de sexto curso.
* Previsión Estado de contas

o Socios: 280 familias
o Seguro escolar: 285 nen@s
o Madrugadores: 15 nen@s
o Comedor: 128, incluidas as 5 prazas de comedor social. Non todos comen todos os días, sobre 117.
o Ingresos: 41760 € provisionais (sen incluir subvencións)
o Gastos: 62495 € previsión anual
o Subvencións do Concello de Oleiros para este ano 24.314,55 €, a da Diputación non chega a 1000 €, cando solicitamos oito mil para mercar 24 ordenadores para as clases de informática. Dada a cantidade que nos dan, so dou para mercar 2 ordenadores e uns proxectores. Subvención de comedores da Xunta: 5552,82 €, que se repartirá íntegramente entre os comensais deste curso escolar a finais de xuño.



* Actividades extraescolares
Manteñense as actividades do ano anterior e añádese zumba. Na que os máis pequenos poden vir acompañados dun adulto, para favorecer as actividades en familia. Amplíase manualidades a todos os días e quitouse informática para os máis pequenos porque o ano anterior desmontaban as pezas dos teclados. Non saiu adiante nin English Flyers nin Música II porque non se reunieron participantes suficientes.
Separamos os de primaria en dous grupos porque había moita diferencia de idade nalgunhas actividades. Esto supón descolocar algunhas actividades e recalcamos a dificultade de organizar para que a todo o mundo lle vaian ben. Hai que ter en conta os espacios que temos, os monitores que fan varias actividades, etc.

* Comedor escolar
Estamos contentos con Jardanay, e o persoal de cociña tamén. Este ano estanse facendo algúns pratos máis na cociña do Centro. Vanse subir ao Blog do Anpa fotos de algúns dos pratos.
Houbo queixas de que se forzaba aos nenos a comer e algún pai non quere que se lle obligue. Un afectado expón o seu caso e di que está encantado coa labor de Manuel porque o neno non comía nada e agora xa come moito mellor, e foron os memos pais quen o autorizaron para que lle insistise. A conclusión á que chegamos dende a directiva é que non se vai obligar a comer se os pais non queren que se lle insista ao seu fill@ para
que coma pero que este/a non se levantará da mesa para ir a xogar e que esperará alí ata que veñan a recollel@.

* Fotos: presentanse as distintas ofertas que nos fan as empresas e dicimos que estas deixarían ao ANPA un beneficio de 1500 € ou que podemos seguir coma estes últimos anos facendo foto de grupo de clase e de curso, coa colaboración desinteresada de Suso. Os socios pagarían 3 € por unha foto e 5€ por dúas fotos. Os non socios pagarían 5 € por unha e 8 por as dúas fotos. Na medida do posible imos intentar que as fotos sexan menos serias e máis divertidas. Foi a votación este punto e por maioría absoluta gañou a opción de foto de clase e grupo realizada por Suso.

* Axudas alumnado de 6º
As axudas serán de 50€ por neno para os que leven como socios un mínimo se 3 anos, incluido este ano. Neste momento hai 35 socios en sexto. O que viñera novo para o cole, e polo tanto non puidese cumprir este requisito, seralle prorrateada a un 33% por ano. Esto foi decidido así para beneficiar aos que eran socios porque querían e non só en sexto para beneficiarse da axuda.

* Biblioteca
No último Consello escolar propuxemos colaborar co Cole para renovar a biblioteca. Aceptaron a nosa proposta e pedimoslle ao Concello o material que será proporcionado cando os avisemos. Solicitaremos tamén ás familias a súa colaboración cando decidamos co centro que é exactamente o que imos facer. Tamén imos solicitar libros de edicións actuais para renovar a biblioteca tanto de Primaria coma de Infantil.
Imos solicitar tamén nunha próxima circular xogos para infantil de exterior e interior e para sala de xogos. Preferiblemente sen pilas e se son con pilas e non funcionan non importa, prefíreno así, despertan máis a súa imaxinación.

* Convivencias
Faremos saídas aos museos da Coruña, xa que estamos pagando a cuota de 75 € anuais, como en anos anteriores. Tamén queremos repetir os Talleres en familia coma o curso pasado. Faranse festas no cole pola tarde se o Centro nas fai pola mañá.

* Varios
o Transporte escolar: unha nai presenta unha queixa sobre a inexistencia de cinturóns de seguridade nalgúns buses. Lévase ao Consello escolar polo ANPA e dirección presenta unha queixa ante Transporte na Consellería de Educación, pero a empresa alega que cumple coa normativa. Dáselle a palabra e explica o que pasou. Esta nai pide cita co Alcalde de Oleiros,co apoio do ANPA e presentalle o problema. Dende a Concellería de Educación vaise facer un escrito á Consellería de Educación e outro dende o ANPA. Preguntámonos se non sería posible que os combinen cos
interurbanos. A empresa insiste en que están amaparados pola lei e que ata o ano seguirán así.
Outra nai di que cando van de excursión tamén van sen cinturóns. O que a empresa lle comunicou ao director é que para as saídas sempre irían con cinturóns. Ás veces sucede que son outras empresas as que mandan, depende de quen organice a saída, e dende a directiva descoñecemos se veñen con o usen cinturóns.

o Conta bancaria
A Federación de Anpas chegou a un acordó con La Caixa para que non cobre comisións xa que moitos bancos si as cobran. Imos informarnos ben como son as condicións porque se é só durante un ano seguimos con Abanca, xa que a temos preto, aínda que recoñecemos que se pasan coas comisións. Na seguinte reunión votaremos as diferentes opcións.

o Uniforme escolar
Dende a directiva vemos que non ten moita aceptación, valoraremos votar ao final de curso se se continúa con el. Tamén valoraremos cambiar o modelo do chándal, que si ten máis aceptación. Que sexa de algodón e máis bonito.

* Rogos e preguntas

Unha nai queixase porque o neno que vai a madrugadores un día unha nai autorizada quixo sacalo da fila para que xogase co seu amigo antes de entrar e a titora chamouna ao traballo que eso non se podía facer. Ela preguntara ao responsable de madrugadores e quedaran en que non había problema. Non ten ningún problema se non pode ser, pero non lle gustaron as formas.

Dende a Directiva do ANPA, solicitase a colaboración para festas, actividades diarias, ideas, suxerencias…






Sen máis asuntos que tratar levántase a sesión ás 19:00 horas

A Presidenta A Secretaria



Penélope Naveira Beatriz Vázquez