domingo, 22 de marzo de 2020

Ligazóns a páxina WEB do centro e teléfono de contacto

Na páxina WEB do CEIP Luis Seoane podedes atopar todos os contidos que está a preparar o profesorado para que os nenos e nenas poidan seguir traballando nas súas casas. Atoparedes a continuación todas as ligazóns:

Ligazón a páxina web principal

Contidos de educación infantil

Contidos de Primeiro

Contidos de Segundo

Contidos de Terceiro

Contidos de Cuarto

5º EVA-EDIXGAL

Contidos de Sexto


Audición e linguaxe

Pedagoxía Terapéutica


Se tedes algún problema e necesitades contactar co colexio vos atenderán no seguinte número:
676 72 75 05

Moito ánimo a todos e a todas!!!!!

domingo, 15 de marzo de 2020

Comunicado da dirección do centro

Queridas familias e demais membros da COMUNIDADE EDUCATIVA do CEIP LUIS SEOANE

 -As últimas instruccións da Consellería de Educación teñen data do 13 de Marzo do 2020.Estas, figuran no Portal Educativo da Xunta e, na reunión de Equipos Directivos convocada o día 11 para tratar o tema as instruccións recibidas foron consultar o PORTALDA EDUCATIVO DA XUNTA e recomendar as familias consultar no dito Portal a WEB DAS FAMILIAS, onde se irían actualizado as informacións e disposicións.

 - Despois disto houbo actualización ás disposicións por parte da Consellería de Sanidade e intervención onte do Presidente do Goberno na que se decretaba o ESTADO DE ALERTA.
 Diante da situación que estamos a vivir parécenos obrigado comunicar que o CEIP Luis Seoane queda a cargo do equipo directivo.Non se require a presenza do persoal docente e non docente no centro. 

 “HAI QUE QUEDAR NA CASA” 

 Dende o centro estamos a procurar atender ao alumnado polos medios telemáticos e/ou doutra índole que acorden os equipos docentes e que, cando menos, figurarán na páxina web do colexio.

 Calquera dúbida consultadea por correo electrónico ou chamada telefónica ao 676727505que estará operativo dende o luns 16 de Marzo.Intentaremos tamén, na medida do posible, manter actualizada a información na páxina web do centro e colgar calquera información que sexa importante para a comunidade educativa respectando estrictamente ás instruccións das autoridades sanitarias e educativas. 

Moitísimas GRAZAS a todxs pola vosa colaboración. 

Disto só podemos sair todxs xuntos e imos conseguilo.
 CODO CON CODO

 Maria Ruiz Equipo directivo

jueves, 12 de marzo de 2020

Comunicado da Empresa Jardanay co motivo do peche da actividade lectiva

Co motivo do inminente peche da actividade lectiva para o vindeiro luns 16 de marzo a empresa
Jardanay, encargada do servicio de madrugadores e comedor, envía o seguinte comunicado ás familias