martes, 25 de agosto de 2020

Axudas ao servizo de comedor no Concello de Oleiros

 Remitimos a carta enviada pola Concellería de Educación do Concello de Oleiros


Bo día a tod@s.

No día de hoxe publícase no BOP da provincia de A Coruña a convocatoria de axudas para asistencia a comedores escolares xestionados pola ANPAS dos centros de ensino público de Oleiros para o curso 2020 – 2021.

O importe total da convocatoria deste ano ascende a 50.000 euros, incrementándose en 13.500 euros respecto do curso pasado.

Poderán ser beneficiarios destas axudas os representantes legais de alumnos matriculados en ditos centros para o curso escolar 2020-2021.

Os interesados en solicitar esta axuda poden atopar toda a documentación relacionada (bases, convocatoria e formulario de inscrición) no apartado da Concellería de Ensino e Xuventude da páxina web do Concello de Oleiros.

As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral do Centro Cultura “A Fábrica” (rúa do Inglés, núm. 13 – Perillo) dende o martes 25 de agosto ata o día 30 de setembro de 2020.

Aproveito tamén para comentarvos que nestes días estase a facer efectivo o pago das axudas de comedor correspondentes á metade do mes de marzo, abril, maio e a parte proporcional do mes de xuño do curso pasado.

Quedo á vosa disposición para o que precisedes.

Unha aperta

 

 

María José Santos Zas

 

Aquí tedes o Enlace a resolución do BOPA

Aquí tedes o Enlace a folla de solicitude

miércoles, 19 de agosto de 2020

INSCRIPCIÓN NO COMEDOR

 BOS DÍAS, A PARTIR DE HOXE TEDES HABILITADA NA WEB DE JARDANAY A APLICACION PARA INSCRIBIRSE NO COMEDOR ATA O DÍA 31 DE AGOSTO

Fai click na ligazón para acceder directamente

USUARIO    luisseoane

CONTRASEÑA    comedores2020

viernes, 14 de agosto de 2020

RENOVACIÓN DE SOCIO/A OU NOVO/A SOCIO/A

 Este ano haberá condicións novas para os pagos das cuotas de socio/a (renovación ou alta) xa que non se poderá pagar no colexio ( durante o curso 2020-2021 os pais e nais só poderán acceder as instalacións do colexio con cita previa autorizada polo centro)

1º caso: Renovación da condición de socio/a

Transferencia de 20 euros ao seguinte número de conta:

ES45 2080 0088 1330 4000 0414

indicando no concepto o nome do alumno/a (non é necesario cubrir a ficha  agás que houbera algún cambio que notificar -enderezo,etc....)

2º Caso: Alta de novo/a socio/a

Transferencia de 20 euros ao seguinte número de conta:

ES45 2080 0088 1330 4000 0414

indicando no concepto o nome do alumno/a. Tamén será necesario descargar a ficha de socio da páxina do blogue do ANPA e enviarla por e-mail a  apaluisseoane@mundo-r.com o por whatsApp ao teléfono do ANPA


Lembrade que aqueles que soliciten praza de comedor terán que ter abonada a cuota (20 euros por familia) e 10 euros de seguro escolar por neno/a antes de rematar setembro

Se a alguén lle resultara imposible facer a transferencia terá a posibilidade de pedir cita para o luns de 4 a 6 e facer o abono nas instalacións da ANPA

 

INFORMACIÓN, PROCESO E CRITERIOS PARA O SERVICIO DE COMEDOR E MADRUGADORES PARA O CURSO 2020-2021

IMPORTANTE: RECORDADE QUE A INSCRIPCIÓN SERÁ A TRAVÉS DA WEB DE JARDANAY DENDE O 19 AO 31 DE AGOSTO AMBOS INCLUSIVE. 

 

NOS SEGUINTES DOCUMENTOS TEDES A INFORMACIÓN NECESARIA PARA A INSCRIPCIÓN NO SERVICIO DE COMEDOR E MADRUGADORES.


 

DIPTICO DE JARDANAY CON TODA A INFORMACIÓN  PARA A INSCRIPCIÓN

DOCUMENTO COS CRITERIOS