Desde o ANPA queremos seguir mantendo o noso apoio á Directora María Ruíz e ao seu equipo directivo e esiximos dende xa a súa readmisión polo bo funcionamento do colexio das nosas nenas e nenos.
Estes días houbo múltiples mostras de apoio como a seguinte do Director do Centro de menores "O lar a Mercé" de Oleiros e peticións de readmision desde a Xunta de Persoal Docente de centros non universitarios. Incluso esta misma Xunta de Persoal pide a dimisión do XEFE TERRITORIAL DE EDUCACION.
Unha das razóns que alegan parécenos importantísima posto que non consta que o dito Xefe Territorial ou ninguén con responsabilidade da Consellería se puxera en contacto coa familia e co neno que deberían ser as verdadeiras víctimas dos feitos acaecidos o martes 29 de setembro. O único apoio psicolóxico que recibiu a familia foi o da propia directora -obrigada a dimitir- e o das profesoras do neno. Así que apoiamos esa medida dende xa.
Por outra banda, esta ANPA presentará mañá 8 de outubro o seguinte escrito no rexistro, á atención do Conselleiro de Educación no que se fai ver o caos no que están sumindo o funcionamento do noso colexio as accións autoritarias da Inspección educativa.
Desde o ANPA queremos dar difusión e pedir o compromiso de todas as familias para seguir apoiando a María, por iso queremos solicitarvos que nos unamos aos profesores e profesoras nos Venres Negros.
Acudide todos e todas os que poidades o venres 9 ás 14:00 pra concentrarnos con eles nas portas do colexio
No hay comentarios:
Publicar un comentario