Desde a ANPA do CEIP Luis Seoane queremos manifestar o noso total apoio e o noso rexeitamento á medida tomada por inspección educativa obrigando a dimitir a María Ruíz, Directora do centro educativo dos nosos nenos e nenas.
Sen dúbida é un feito gravísimo o ocurrido o pasado martes cando un neno quedou olvidado no autobús de transporte escolar durante catro horas pero non se lle pode atribuir a ela a responsabilidade do suceso
Deste xeito invitamos aos membros da comunidade educativa a amosar o seu apoio firmando a seguinte petición:
O whatssap e a conta de correo electrónico da ANPA están cheos de mensaxes de apoio e solidaridade con María Ruíz enviados por centos de nais e pais do alumnado do centro
Desde o Concello de Oleiros tamén manifestan o seu apoio á nosa directora
ULTIMA HORA!!!!!!!!!!
En apoio a nosa directora.
Mañá as 14:00 todos e todas vestidos de negro e cacerolada diante do cole. Se os nenos e nenas tamén poden vir vestidos de negro mellor.
Moito ánimo nestes momentos tan díficiles!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario