miércoles, 8 de noviembre de 2017

Cambio en la directiva del ANPA

Como xa sabedes polo resumo da acta da última reunión haberá un cambio na directiva da ANPA. Penso que falo en nome de todo o conxunto da comunidade escolar ao felicitar á Directiva da ANPA sainte polo seu traballo, esforzo, entrega e simpatía ao longo destes anos... e tedes que saber que unhas poucas críticas non constructivas non poden empañar a vosa dedicación e unha labor máis que sobresaliente que merecen o recoñecemento de todos. Desde este blog envíamosvos unha aperta grandísima e moitísimos bicos. Moitísimas grazas por todo.

Parabéns tamén e moítos ánimos para a Directiva entrante que toma o testigo cando parecía que ninguén quería tomar a responsabilidade de continuar un traballo do que todos saímos beneficiados  e en especial os nosos fillos e fillas.  Fago desde aquí un chamamento para que todos colaboremos con elas.

Moitas grazas por dar un paso adiante. Nestes tempos de falta de compromiso en xeral, a vosa actitude merece un grandísimo aplauso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario