Acta Asamblea Xeral do 6/11/2017
Hora: 17:30 1ª convoatoria e 18:00 h 2ª convocatoria no comedor do centro. Nº de asistentes: 21 pais/nais
Orde do día:
1. Lectura e aprobación da acta anterior
2. Presentación nova Directiva do Anpa
3. Estado de contas
4. Actividades extraescolares
5. Fotos
6. Convivencias
7. Subvencións
8. Rogos e preguntas
1. Lectura da acta anterior e aprobación da mesma por unanimidade.
Un
pai, ao finalizar a lectura, di que non está dacordo co do seguro
porque non é xusto ter que facer un parte de lesións se é outro menor
quen lle rompe as gafas e non hai tal parte. Que o centro comunique o
que sucedeu e medie en cada caso. Informase que ese é un punto de rogos
e preguntas e que se tratará ao final en rogos e que se mirará outro
seguro a ver se cubre sen parte de lesións sen que sexa gravoso para o
resto do alumnado.
2. Presentación da nova Directiva do ANPA
Presentanse cada unha das novas compoñentes e o cargo que vai ocupar cada unha.
Cristina Pardo -Presidenta
Analí Martín - Vicepresidenta
Beatriz Martínez - Secretaria
Lara Veira -Tesoreira
Ana Barcia - Vocal
Sonia Rodríguez - vocal
3. Estado de contas
a. Socios 297
b. Asegurados 307
c. Comedor 156 comensais, o ano pasado 140. De Comedor social 12
d. Madrugadores 22
e. En actividades uns 150
f. Ingresos
i. Subvención comedor 6.567,58 € (5.406,78 € o ano pasado)
ii. Anpa + seguro 7.230 €
iii. Subvención do Concello, aínda sen conceder. O ano pasado case 22.000 €
g. Gastos
i. Seguro 2.080 €
ii. Pintado hall do cole 907,50 €
iii. Teléfono 39,90 €/mes. Hai que mirar outra tarifa
iv. Federación ANPAS 100€/ano
v. Alumnado de sexto- excursión fin de curso 50€/participante socio os últimos 4 anos no centro
vi. Museos A Coruña 75 €/ano
vii. Move 4.350 €/mes aproximadamente
viii. Nenoos sobre 500 €/mes
h.
Conta do Anpa a data de hoxe 12.700 €, pero faltaría sumar sobre 1.100 €
de setembro e outubro que nos ten que ingresar o Concello do Comedor
Social que Jardanay xa nos cobrou. E habería que restar o ingreso da
Xunta do Comedor que se repartirá a final de curso (6.567,58 €)
i. Conta de aforro do ANPA 12.000€
4. Actividades extraescolares:
Seguimos
con MOVE porque estamos contentos cos monitores e coa empresa.
Comentanse a grandes rasgos as competencias dos monitores que non son
simples monitores senon que son persoas moi preparadas.
Por falta
de participantes algunhas actividades non sairon adiante, como inglés a
partir de 3º. E outras se se dan moitas baixas tamén terán que anularse
porque non se poderían costear.
5. Fotos
Explicase
que era un pai (Suso) e Peny os que se encargaban de facelas fotos
desinteresadamente pero que si este ano non hai un pai voluntario tamén
hai a posibilidade de que o faga unha empresa. O presuposto dunha
destas empresas é 10€ unha foto e 16 dúas e un 25% para o ANPA do
recaudado ou compensalo nas familias e 7.50 € unha foto e dúas 12 €.
Unha
nai pide que se fagan tamén as individuais, que non está dacordo con so
as de grupo. Explicaselle que sendo un pai voluntario eso é impensable e
imposible de facer.
Ofrecese a nai de Daniel Calvete para facer as fotos e tamén se suma á nova directiva do ANPA.
Neste
punto tamén se fala das aportacións que fan os pais para facer cousas
no cole como foi a actividade da Casa Grande de Xanceda sobre a adopción
de cans.
6. Convivencias
Nas convivencias entran
as excursións e as festas de fin de curso. Será a nova directiva quen
irá informando do que van ir facendo ao largo do curso.
Falase do
éxito que tivo o Túnel do Terror no cole de Sta. Cruz o alumnado de 6º
para recaudar para a excursión de fin de curso.
7. Subvencións
a. Comedor Social- Concello: O Concello nun acordo co ANPA subvencionou a totalidade ou case a totalidade de 12 comensais.
b.
Comedor Xunta: o ANPA solicita esta axuda á Xunta e reparte a
subvención proporcionalmente segundo asistencia ao comedor. Xa se cobrou
a que se solicitou este ano do curso 2016-2017.
c. Actividades
extraescolares-Concello de Oleiros: xa solicitada pola ANPA ao Concello,
agora falta que resolvan e xustificala en decembro.
d.
Subvencións da Deputación. Nós agora non lla pedimos polo complicado que
o puxeron, pero que se poden retomar en calquer momento se houbese algo
interesante. Nós pedíramos para 24 ordenadores e non chegaran a darnos
1000 € polo que foi imposible cambialos por iso están aforrados eses
12.000 € por se fose preciso cambialos ou algún outro tema importante
onde ter que invertilos.
8. Rogos e preguntas
a. Un pai propón deixar de pagar o da páx web, xa que so utilizamos o blog e é innecesario ese pago.
b. Unha nai agradece o traballo realizado pola ANPA e destaca que é verdade que é pouco agradecido.
c. Peny recorda algunha das cousas a modo de resumo do que se fixo nestes anos
i. Os nosos valores de honestidade, transparencia…
ii.
Contratación dos monitores a través dunha empresa, cambio da empresa de
comedor, arranxo das bibliotecas, pintura do hall, saídas e actividades
en familia, colaboración co centro con material deportivo, informático,
nas festas,…realización das nosas circulares que eran feitas por un
profe, loita polo arranxo do cierre do centro e polos 3 cursos de 5º do
ano pasado que finalmente non puido ser, e moitas máis.
Sen máis asuntos que tratar levántase a sesión ás 19:10 horas.
A Presidenta A Secretaria
Penélope Naveira Beatriz Vázquez
No hay comentarios:
Publicar un comentario