martes, 11 de junio de 2019

Solicitud para o banco de libros

A partir de mañá e ata o 21 de xuño ábrese o prazo para a solicitude para o banco de libros do vindeiro curso.
Se non tedes a circular podedes descargala aquí.

NOTA ACLARATORIA
Banco de libros de préstamo ANPA:
É un FONDO SOLIDARIO para @s soci@s do ANPA, o seu PROCEDEMENTO É:
Orde de prioridade:
1º.-Completaranse os libros que lles falten aos nenos que fixeron solicitudes do fondo solidario da Xunta (sairá a resolución na primeria quincena de xullo).
OS PAIS/NAIS TRAERÁN CUBERTO O FORMULARIO DO ANPA COS LIBROS QUE LLES FALTEN, E OS DIAS 16 E 17 DE XULLO DE 16.00 A 17.30 , POR ORDEN DE CHEGADA SE ENTREGARAN.
2º.- Os nenos que non solicitaron a través da Xunta os libros, e entregaron o formulario na Anpa ata o 21 de Xuño, podrá vir o cole a recoller os libros os días:
- 27 Xuño de 16:00 a 17:30
- Un dia en setembro que coincidirá con dia co cole asigne para a entrega dos libros da Xunta.

3º PRIMARIA (libros descatalogados): deste curso temos libros suficentes para cubrir a todo o alumnado de terceiro. Os libros de Naturais e Sociais son proporcionados polo centro a tod@s @s nen@s.
4º PRIMARIA: Os libros deste curso pódense mercar, non están descatalogados, o Anpa cubrirá as solicitudes en base ao procedemento anteriormente descrito. Por favor, solicitamos a vosa solidaridade , xa que non hai para cubrir a todos os nen@s.
5º PRIMARIA (libros descatalogados): neste curso cubriranse as necesidades dos libros según o procedemento arriba indicado.
6º PRIMARIA: Os libros deste curso pódense mercar, non están descatalogados, o Anpa cubrirá as solicitudes en base ao procedemento anteriormente descrito. . Por favor, solicitamos a vosa solidaridade , xa que non hai para cubrir a todos os nen@s.

No hay comentarios:

Publicar un comentario