jueves, 13 de febrero de 2020

Entroido 2020


Estimadas familias: o vindeiro xoves 20 de Febreiro pola tarde celebraremos a festa de Entroido no cole de 16:00 a 19:00 h. 



Programación:

16:00 Talleres de: Pintacaras, Máscaras, Globoflexia e xogos populares, ata as 18:00
16:30-17:15 CONCURSO DE DISFRACES
17:15-17:30 Entrega de premios do desfile.
17:30 Merenda e chocolatada que os nenos de 6º de primara, nos ofrecen para colaborar coa excursión de fin de curso.
18:30- Sorteo de duas  cestas de Entroido: Venderase por parte do Anpa as rifas durante a festa (ata as 18:00) e os días previos no Anpa. Moita sorte!!!!

                                                          
Conscurso de Disfraces (16:30 a 17:30)

Individual, grupo ou por parella de pais/nais e fill@s

1.    Poderán participar todos os pais/nais e alumnos do centro.
2.    Valoraranse e premiarase os seguintes aspectos:
o   Premio ao grupo máis numeroso e simpático
o   Premio ao grupo coa mellorar coreografia durante o desfile
o   Premio ao disfraz máis orixinal
o   Premo ao disfraz con maior reutilización de material
o   Premio a parella de Nai/Pai e fill@ mais divertida e orixinal.

3.    O xurado estará composto polos seguintes membros: (membro do centro, un membro do Anpa, un pai/nai)
4.    Anotarse a través teléfono: 656 99 55 18 (tamén por whatsapp) ata o martes 18 de febrero
5.    Premios: entregarase un agasallo a todos os participantes e aos premiados un diploma +medalla+foto do grupo. (A foto entregarase as vindeiras semanas)  


IMPORTANTE: As actividades extraescolares quedarán suspendidas esa tarde. Todos os nenos e nenas deberán estar acompañados dun adulto, os que ese xoves teñen actividades e non poden estar acompañados estarano ata as 18:00 h por un monitor previo aviso ao anpa no tfno 656995518 e serán atendidos polos monitores.

                                                 
Animádevos a participar e  Viva o Antroido!!!!           
  Maianca 3 de febreiro  de 2020   
                                                                Atentamente, a Directiva do Anpa

miércoles, 13 de noviembre de 2019

Xornada de portas abertas

XORNADA DE PORTAS ABERTAS


Estimadas familias para que vexades o que fan @s vos@s fill@s nas actividades extraescolares neste princpio do curso, podedes asistir e compartir unha clase con eles e os seus monitores , previa confirmacion por whatsapp o no local do Anpa durante a semana previa, o dia e hora que van asistir.


A semana de portas abertas será a do luns 18 ao xoves 21 de Novembro


Calquera dúbida no tlfno:655 99 55 18 ou por whatsapp.Moitas gracias



viernes, 18 de octubre de 2019

miércoles, 2 de octubre de 2019

Actividades extraescolares a partir de outubro

Pinchade na imaxe para ampliar

TARIFAS
Custo actividade: 9 €/mes unha hora semanal excepto:
o   ArKIDtectos 15€/mes unha hora semanal
o   YOUTUBERS: 18 €/mes 1 hora semanal
o   PONTE AO DÍA: 1 día/semana: 14 €,  2 días: 22 €, 3 días: 28 € e 4 días 32€.






·  O mes cóbrase enteiro independentemente do día de inicio ou vacacións e a baixa antes do 20 de cada mes.
PAGOS ACTIVIDADES  a primeira semana de cada mes
A)       PAGO EN MAN no centro escolar pola mañá de 9 a 10  (Manuel) ou polas tardes ao coordinador de 16:00 a 17:30 h  ou de 16:00 a 18:00 os luns na oficina do ANPA
                              
B)        INGRESO EN CONTA INDICANDO: nome e apelidos do alumno/a ,curso, actividade e mes que se abona.     
                                                ABANCA   ES45 2080  0088  1330 4000 0414

viernes, 20 de septiembre de 2019

Charla "Educar sen medos"

Como apertura das actividades o Concello de Oleiros ten programada unha charla o vindeiro xoves, 26 de setembro, ás 20:00 h, no Auditorio do Centro Cultural A Fábrica.

A charla terá por título “Educar sen medos” e a ponente será María Soto, fundadora de Educa Bonito e experta en disciplina positiva, que trasladará ferramentas e estratexias para apoiar ás familias nunha crianza e educación na que se aporte seguridade e confianza. A ponente xa colaborou con moito éxito en distintas actividades nos últimos anos co Concello de Oleiros, participa en numeros encontros sobre a educación no entorno da familia por todo o país e ten unha grande capacidade de empatía coas situacións ás que se enfrentan as familias a diario.

É unha charla aberta, sen necesidade de inscrición previa, dirixida principalmente á todas as familias con menores de todas as idades, nais e pais pero tamén avós e avoas. Ademais, as persoas que acudan, poderán coñecer de primeira man os próximos obradoiros e actividades que se van desenvolver ata o mes de decembro dentro do programa de Familias Inquedas.

Información sobre as Actividades extraescolares


Novidades Jardanay para o novo curso

No seguinte enlace podedes atopar información sobre as novidades deste ano

MOI IMPORTANTE!!!!!

OS AVISOS PARA ESPORÁDICOS NO COMEDOR E DIETA BLANDA DEBERÁN REALIZARSE CHAMANDO O 981 12 66 27 ANTES DAS 09:00 E AS 10:00 RESPECTIVAMENTE.