miércoles, 13 de noviembre de 2019

Xornada de portas abertas

XORNADA DE PORTAS ABERTAS


Estimadas familias para que vexades o que fan @s vos@s fill@s nas actividades extraescolares neste princpio do curso, podedes asistir e compartir unha clase con eles e os seus monitores , previa confirmacion por whatsapp o no local do Anpa durante a semana previa, o dia e hora que van asistir.


A semana de portas abertas será a do luns 18 ao xoves 21 de Novembro


Calquera dúbida no tlfno:655 99 55 18 ou por whatsapp.Moitas gracias



viernes, 18 de octubre de 2019

miércoles, 2 de octubre de 2019

Actividades extraescolares a partir de outubro

Pinchade na imaxe para ampliar

TARIFAS
Custo actividade: 9 €/mes unha hora semanal excepto:
o   ArKIDtectos 15€/mes unha hora semanal
o   YOUTUBERS: 18 €/mes 1 hora semanal
o   PONTE AO DÍA: 1 día/semana: 14 €,  2 días: 22 €, 3 días: 28 € e 4 días 32€.






·  mes cóbrase enteiro independentemente do día de inicio ou vacacións e a baixa antes do 20 de cada mes.
PAGOS ACTIVIDADES  a primeira semana de cada mes
A)       PAGO EN MAN no centro escolar pola mañá de 9 a 10  (Manuel) ou polas tardes ao coordinador de 16:00 a 17:30 h  ou de 16:00 a 18:00 os luns na oficina do ANPA
                              
B)        INGRESO EN CONTA INDICANDO: nome e apelidos do alumno/a ,curso, actividade e mes que se abona.     
                                                ABANCA   ES45 2080  0088  1330 4000 0414

viernes, 20 de septiembre de 2019

Charla "Educar sen medos"

Como apertura das actividades o Concello de Oleiros ten programada unha charla o vindeiro xoves, 26 de setembro, ás 20:00 h, no Auditorio do Centro Cultural A Fábrica.

A charla terá por título “Educar sen medos” e a ponente será María Soto, fundadora de Educa Bonito e experta en disciplina positiva, que trasladará ferramentas e estratexias para apoiar ás familias nunha crianza e educación na que se aporte seguridade e confianza. A ponente xa colaborou con moito éxito en distintas actividades nos últimos anos co Concello de Oleiros, participa en numeros encontros sobre a educación no entorno da familia por todo o país e ten unha grande capacidade de empatía coas situacións ás que se enfrentan as familias a diario.

É unha charla aberta, sen necesidade de inscrición previa, dirixida principalmente á todas as familias con menores de todas as idades, nais e pais pero tamén avós e avoas. Ademais, as persoas que acudan, poderán coñecer de primeira man os próximos obradoiros e actividades que se van desenvolver ata o mes de decembro dentro do programa de Familias Inquedas.

Información sobre as Actividades extraescolares


Novidades Jardanay para o novo curso

No seguinte enlace podedes atopar información sobre as novidades deste ano

MOI IMPORTANTE!!!!!

OS AVISOS PARA ESPORÁDICOS NO COMEDOR E DIETA BLANDA DEBERÁN REALIZARSE CHAMANDO O 981 12 66 27 ANTES DAS 09:00 E AS 10:00 RESPECTIVAMENTE.

miércoles, 17 de julio de 2019

Oferta de mandilóns

Desde a ANPA informamos que temos mandilóns da talla 2 e 4 en stocks de anos pasados. Se alguén está interesado pode ir ao local da ANPA no seu horario habitual. O prezo é de 5 euros

Convocatoria das Axudas de Comedor do Concello de Oleiros

Como tódolos cursos o Concello de Oleiros convoca as axudas de Comedor.
Aquí tedes a documentación máis importante:

Base Reguladora
Convocatoria
Solicitude
Xustificante de rexistro
Xustificante primer trimestre
Xustificante final

martes, 11 de junio de 2019

Solicitud para o banco de libros

A partir de mañá e ata o 21 de xuño ábrese o prazo para a solicitude para o banco de libros do vindeiro curso.
Se non tedes a circular podedes descargala aquí.

NOTA ACLARATORIA
Banco de libros de préstamo ANPA:
É un FONDO SOLIDARIO para @s soci@s do ANPA, o seu PROCEDEMENTO É:
Orde de prioridade:
1º.-Completaranse os libros que lles falten aos nenos que fixeron solicitudes do fondo solidario da Xunta (sairá a resolución na primeria quincena de xullo).
OS PAIS/NAIS TRAERÁN CUBERTO O FORMULARIO DO ANPA COS LIBROS QUE LLES FALTEN, E OS DIAS 16 E 17 DE XULLO DE 16.00 A 17.30 , POR ORDEN DE CHEGADA SE ENTREGARAN.
2º.- Os nenos que non solicitaron a través da Xunta os libros, e entregaron o formulario na Anpa ata o 21 de Xuño, podrá vir o cole a recoller os libros os días:
- 27 Xuño de 16:00 a 17:30
- Un dia en setembro que coincidirá con dia co cole asigne para a entrega dos libros da Xunta.

3º PRIMARIA (libros descatalogados): deste curso temos libros suficentes para cubrir a todo o alumnado de terceiro. Os libros de Naturais e Sociais son proporcionados polo centro a tod@s @s nen@s.
4º PRIMARIA: Os libros deste curso pódense mercar, non están descatalogados, o Anpa cubrirá as solicitudes en base ao procedemento anteriormente descrito. Por favor, solicitamos a vosa solidaridade , xa que non hai para cubrir a todos os nen@s.
5º PRIMARIA (libros descatalogados): neste curso cubriranse as necesidades dos libros según o procedemento arriba indicado.
6º PRIMARIA: Os libros deste curso pódense mercar, non están descatalogados, o Anpa cubrirá as solicitudes en base ao procedemento anteriormente descrito. . Por favor, solicitamos a vosa solidaridade , xa que non hai para cubrir a todos os nen@s.

lunes, 3 de junio de 2019

Festa no Cole. Fin de curso 2019

O próximo venres 14 de xuño de 16 a19h imos celebrar una festa para despedir o ano no centro escolar, á que están invitados todos os alumnos e alumnas socios do ANPA, os non socios/as poderán asistir abonando unha cuota de 10 euros por neno/a

HORARIO DA FESTA

INFLABLES DE 16:00 A 18:30
Para primaria a pista americana e a vaquilla
Para infantil tobogán e parque inflable

MAGOS:
Para infantil de 16:30 a 17:15
Para primaria de 17:30 a 18:15

ESPUMA
Para infantil de 18:30 a 18:45
Para primaria de 18:45 a 19:00

A merenda comezará ás 17:30


Todos os nenos/as deberán estar acompañados dun adulto.

Pasaremos unha tarde divertida diferenciando zona infantil e primaria con inchables, gran espectáculo e festa da espuma.

Tamén haberá unha merenda proporcionada polo ANPA (perrito quente- xeado-auga-sorpresiña)

Para acceder á festa será imprescindible acudir cunha pulseira que facilitará o ANPA no seu local o luns 10 e martes 11 de xuño de 16 a 18h.

Recordar que para acudir á festa débese estar ao día nos pagos ao ANPA.

Máis información no teléfono do ANPA 656 995 518

Contamos coa vosa presencia

miércoles, 29 de mayo de 2019

Atención! Documentación actualizada para o servizo de Comedor e Madrugadores

Na dereita da páxina do blogue podedes atopar na sección DOCUMENTACIÓN DA ANPA os novos  formularios para os servizos de Comedor e Madrugadores que presta a empresa Jardanay

miércoles, 22 de mayo de 2019

Probas de reválida

Este é o correo da federación de ANPAS. 

"Estimadas ANPAS:
Achegamos comunicado da Federación e CONFAPA-GALICIA en relación coas probas de evaluación dos vindeiros días 28 e 29 de maio , e modelo de xustificante da ausencia do alumnado para entregar ás familias que decidan non enviar aos seus fillos a someterse as devanditas probas.
Rogamos fagades difusión ás familias para que estean informadas.

Moitas gracias e saúdos cordiais
Xunta Directiva"

Aquí podedes acceder aos documentos que se nombran: 


jueves, 16 de mayo de 2019

EXHIBICIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES



Estimados pais e nais, estamos encantados de poder invitarvos á festa de exhibición das actividades do curso 2018-2019. Terá lugar o vindeiro martes día 18 de Xuño no centro, concretamente no pavillón (16:00 a 17:30) e no salón de actos (17:30 a 18:30).
O punto principal da festa céntrase nas exhibicions da maioría das actividades ás que acudiron os nenos e nenas ó longo do curso, e será por este orde:

 
A partir das 16:00 no pavillón:
   1. En baile infantil e de primaria e zumba representarán coreografías de diferentes estilos musicais.
   2. En patinaxe (infantil y primaria) ensinarannos as habilidades e destrezas adquiridas ao longo do curso.
   3. En taekwondo realizarán una demostración de habilidades psicomotrices xerais e técnicas específicas do taekwondo.
   4. En iniciación ao deporte farán una demostración das habilidades aprendidas na actividade.
  5. En futbito realizarán exercicios propios da técnica e táctica do fútbol sala como, control do balón, pases e os movementos no campo.



A partir das 17:30 no salón de actos:
6. En música interpretarán unha canción composta por eles mesmos.
7. En psicomotricidade musical os nenos e nenas cantarán unha canción e realizarán una coreografía.
8. Os nenos e nenas de English Play e 1º-2º cantarán e bailarán unha canción en inglés.
9. En teatro representarán a obra que levan meses preparando, na que nos amosarán todos os seus sentimentos.
10. Os cociñeiros de cociña endulzarannos a tarde coa elaboración dun delicioso doce.
11. Os alumnos e alumnas de informática fixeron cartéis promocionando a festa.
12. Veremos cómo os alumnos de pintura e jumping clay amosannos os seus traballos realizados na actividade.


Dende as 16:00 ata as 17:30 aproximadamente as exhibicions deportivas e exhibicions de baile terán lugar no pavillón. Posteriormente, de 17:30 a 18:30 as exhibicions de psicomotricidade musical, música, teatro e inglés terán lugar no salón de actos. Ao finalizar a festa entregaráse aos participantes un doce elaborado polos alumnos de cociña.

Contamos coa vosa presencia e confiamos en pasar unha estupenda tarde con todos vos.

miércoles, 24 de abril de 2019

Información sobre a renovación da praza de comedor e novas solicitudes

Queremos informarvos que entre os días 3  e 8 de xuño estará aberto o prazo de renovación das prazas de comedor.

 O día 10 de xuño abrirase o prazo para novas solicitudes ata o venres 14 de xuño. A prioridade será a orde de chegada e o número de días que asistan ao comedor -é dicir, ata o venres 14 de xuño terá prioridade un neno ou nena que necesite os 5 días de comedor  sobre outro que non necesite máis que un-. A partir do 17 de xuño só se terá en conta a orde de chegada

martes, 8 de enero de 2019

Subvención do Concello de Oleiros ás actividades da ANPA do CEIP Luis Seoane

Un ano máis agradecer ó Concello de Oleiros a subvención que concede á nosa ANPA para a realización das actividades extraescolares entre outras.
Nos seguintes enlaces podedes acceder a toda a información pertinente:

Notificación da subvención

Rexistro