martes, 12 de enero de 2021

O CONCELLO DE OLEIROS CONCEDE UNHA SUBVENCION A ANPA

 Como todolos anos o Concello de Oleiros concedeunos unha subvención para a realización de diferentes actividades.

Aquí podedes atopar dito documento

lunes, 7 de diciembre de 2020

Venres negros

Desde o colectivo de profes do centro pídennos as familias que colaboremos na elaboración dun vídeo sobre como se sinte a comunidade educativa (alumnado, profesorado, persoal non docente, nais e pais...) tralos últimos acontecementos (o cese de Maria, as imposicións da Consellería....)



 

 Se queredes colaborar enviade un vídeo curto con unha ou dous palabras sobre como os sentides (da mesma forma que na última parte do vídeo anterior) ao whatssap do colexio 676727505

Moito ánimo!!!!!

 

jueves, 19 de noviembre de 2020

Adhesión á campaña DE FRONTE à violencia de xénero

 Desde a ANPA do CEIP Luis Seoane adherímonos á campaña DE FRONTE á violencia de xénero. Recordade que o 25 de novembro é o día contra este tipo de violencia.

viernes, 30 de octubre de 2020

Programa Praemo

 O Concello de Oleiros organiza o programa PRAEMO: un programa de reforzo e apoio educativo municipal de Oleiros dirixido ao alumnado de Primaria e Secundaria

Na seguinte ligazón tedes toda a información

Asamblea 2020

 Ante a imposibilidade de facer unha reunión  presencial cos socios/as da AMPA decidimos facela de xeito virtual: tedes a orde do día explicado na seguinte ligazón  Os rogos e preguntas podedes facenoslos chegar a través do correo electrónico.  

domingo, 25 de octubre de 2020

Petición da volta da Policía Local para as entradas e saídas

 A ANPA e o Colexio Luis Seoane presentan un escrito ao Concello solicitando a volta dos axentes da Policía Local para o control dos pasos de peóns nas entradas e saídas. 

O principio de curso así o facían e dende hai 15 días están ausentes co consabido perigo para os nosos fillos e fillas que teñen que cruzar sós a carretera nun momento de moita intensidade de tráfico. (Recordamos que por protocolo COVID as nais e pais non podemos acceder ás beirarrúas do colexio)


 


miércoles, 7 de octubre de 2020

READMISIÓN DO EQUIPO DIRECTIVO ANTERIOR XAAAAA!

 Desde o ANPA queremos seguir mantendo o noso apoio á Directora María Ruíz e ao seu equipo directivo e esiximos dende xa a súa readmisión polo bo funcionamento do colexio das nosas nenas e nenos.

Estes días houbo múltiples mostras de apoio como a seguinte do Director do Centro de menores "O lar a Mercé" de Oleiros e peticións de readmision desde a Xunta de Persoal Docente de centros non universitarios. Incluso esta misma Xunta de Persoal pide a dimisión do XEFE TERRITORIAL DE EDUCACION.

Unha das razóns que alegan parécenos importantísima posto que non consta que o dito Xefe Territorial ou ninguén con responsabilidade da Consellería se puxera en contacto coa familia e co neno que deberían ser as verdadeiras víctimas dos feitos acaecidos o martes 29 de setembro.  O único apoio psicolóxico que recibiu a familia foi o da propia directora -obrigada a dimitir- e o das profesoras do neno. Así que apoiamos esa medida dende xa.

Por outra banda, esta ANPA presentará mañá 8 de outubro o seguinte escrito no rexistro, á atención do Conselleiro de Educación no que se fai ver o caos no que están sumindo o funcionamento do noso colexio as accións autoritarias da Inspección educativa.

Desde o ANPA queremos dar difusión e pedir o compromiso de todas as familias para seguir apoiando a María, por iso queremos solicitarvos que nos unamos aos profesores e profesoras nos Venres Negros.

 Acudide todos e todas os que poidades o venres 9 ás 14:00  pra concentrarnos con eles nas portas do colexio