lunes, 3 de junio de 2019

Festa no Cole. Fin de curso 2019

O próximo venres 14 de xuño de 16 a19h imos celebrar una festa para despedir o ano no centro escolar, á que están invitados todos os alumnos e alumnas socios do ANPA, os non socios/as poderán asistir abonando unha cuota de 10 euros por neno/a

HORARIO DA FESTA

INFLABLES DE 16:00 A 18:30
Para primaria a pista americana e a vaquilla
Para infantil tobogán e parque inflable

MAGOS:
Para infantil de 16:30 a 17:15
Para primaria de 17:30 a 18:15

ESPUMA
Para infantil de 18:30 a 18:45
Para primaria de 18:45 a 19:00

A merenda comezará ás 17:30


Todos os nenos/as deberán estar acompañados dun adulto.

Pasaremos unha tarde divertida diferenciando zona infantil e primaria con inchables, gran espectáculo e festa da espuma.

Tamén haberá unha merenda proporcionada polo ANPA (perrito quente- xeado-auga-sorpresiña)

Para acceder á festa será imprescindible acudir cunha pulseira que facilitará o ANPA no seu local o luns 10 e martes 11 de xuño de 16 a 18h.

Recordar que para acudir á festa débese estar ao día nos pagos ao ANPA.

Máis información no teléfono do ANPA 656 995 518

Contamos coa vosa presencia

No hay comentarios:

Publicar un comentario