domingo, 28 de mayo de 2017

Agradecemento á Obra Social La Caixa


Dende o ANPA do CEIP Luis Seoane queremos agradecerlle á Obra Social La Caixa que dende a Sucursal de Sta. Cruz nos fixo unha donación para afrontar os gastos de algúns dos alumnos e alumnas das excursións de primaria e do transporte.
Desa maneira todo o alumnado tivo opción de participar nas saídas, que aínda que son extracurriculares, pensamos que son moi importantes pola experiencia, aprendizaxe e as vivencias que doutra maneria para algúns non sería posible realizalas.
Dende a dirección da sucursal queren agredecer a todos os clientes e clientas que ten a entidade porque gracias a eles fan posible as obras sociais deste tipo. Nós dende aquí tamén queremos facer extensible ese agradecemento a todos eles. Gracias!!

martes, 23 de mayo de 2017

Aberto o prazo para solicitar axudas para libros do vindeiro curso 2017/2018 do Concello de Oleiros

No día de hoxe publicáronse no BOP da Coruña as bases e a convocatoria para as Prestacións de apoio á escolarización do Concello de Oleiros para o curso 2017/2018.

Tedes toda a información no seguinte link:

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/05/23/2017_0000004158.pdf


Aquí o enlace a folla informativa

E aquí o enlace a solicitude