Como apertura das actividades o Concello de Oleiros ten programada unha charla o vindeiro xoves,
26 de setembro, ás 20:00 h, no Auditorio do Centro Cultural A Fábrica.
A charla terá por título “Educar sen medos” e a ponente será María
Soto, fundadora de Educa Bonito e experta en disciplina positiva, que
trasladará
ferramentas e estratexias para apoiar ás familias nunha crianza e
educación na que se aporte seguridade e confianza. A ponente xa
colaborou con moito éxito en distintas actividades nos últimos anos co
Concello de Oleiros, participa en numeros encontros sobre
a educación no entorno da familia por todo o país e ten unha grande
capacidade de empatía coas situacións ás que se enfrentan as familias a
diario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario