Asamblea Xeral Extraordinaria do 14/11/2016
Hora: 17:30 1ª
convoatoria e 18:00 h 2ª convocatoria no comedor do centro. Nº de asistentes: 8
pais
Agradecemento pola asistencia e presentación da directiva.
1.
Lectura
da acta anterior e aprobación da mesma por unanimidade.
2.
Previsión do estado de contas:
Socios do ANPA 275 frente aos 262 do ano anterior. Ingresos
da cuota de socios e seguro 7.000 €
Gasto do seguro: 2.154 €, nen@s asegurados 293
Comedor 143 nen@s (55 de infantil e 88 de primaria)
Madrugadores: 18 nen@s
Actividades: 151 nen@s. Ingresos:sobre 3.400 €
mensuais.Totais curso aproximados: 32.218 € Gastos de Move 45.000 €/curso.
Gastos ábaco:6.265 € /curso. Total aprox.: 51.000 €
Teléfono: 270 €/ano
Federación de ANPAS 100 €
3.
Actividades extraescolares
Unha nai propón que as actividades máis demandadas se fagan a
primeira hora. Dende o ANPA explícase que ás veces unhas actividades dan máis
resultado que outras (intentarase poñer teatro e non saíra e este curso hai
lista de espera), temos que combinar os espacios que temos e coordinar aos monitores para que lles
compense vir 2 horas, non é unha tarefa sinxela.
4.
Comedor escolar
Reorganización do espacio para que colleran todos os
comensais. Bancos en vez de sillas.
Comedor social: temos 11 nen@s, encárgase o Concello de
costearlles o comedor previo informe de S. Sociais.
Subvencións: tres tipos
·
S. Sociais (Concello): subvencionan ao alumnado previo
informe depende dos ingresos da familia e é a familia quen a solicita.
·
Educación (Concello): informarase cando saia a través do
alumnado de comedor, depende dos ingresos da familia e é a familia quen a
solicita.
·
Xunta: solicitada polo ANPA, repártese entre todos os
comensais a final de curso segundo os menús servidos. Cada ano subvencionan
menos e son máis comensais polo que toca a menos.
5.
Fotos: proponse facelo a través das empresas que aínda que
deixan un beneficio ao ANPA a directiva non estamos dacordo porque nos parece
excesivo o precio pola reportaxe pero queremos que os asistentes voten esa opción.
O resultado da votación é 0. Intentaremos que as siga facendo Suso (pai e membro da directiva que as realiza
desinteresadamente) ou se hai outra proposta pois tamén será valorada. Unha nai
propón que a poida facer un alumno en prácticas e darlle o beneficio que o ANPA
poida sacar desas fotos de grupo.
6.
Axuda ao alumnado de sexto: recibirán 50 € o alumnado que
leve como soci@ 4 anos, a excepción dos que se incorporaran máis tarde que se
prorrateará a axuda.
Se hai alumnado con poucos recursos tamén se lles axudará
pero imos pedirlles que colaboren nas festas que se organicen no cole.
Preguntamos que lles pareceu aos pais/nais ter que elixir o
destino da excursión. A resposta é que non lles pareceu nin ben nin mal.
7.
Conta bancaria: Falase das distintas opcións que nos
ofreceron en La Caixa, Sabadell e Abanca. Lévase a votación e deciden que
sexamos a directiva quenes escollamos xa que somos quenes xestionamos e as que
temos que ir ao banco. Decidimos seguir con Abanca aínda que non é o que ten as
mellores condicións pero si a que está máis cerca e eso facilitanos as xestións.
8.
Convivencias, talleres e festas: vemos boa disposición por
parte do centro. No Samaín celebrárono pola mañá e fixeron xogos, parte da
directiva axudou pola mañá e aportamos auga que foi o que nos pediron dende o
centro. Realizaremos pola tarde as festas que o centro non realice. No último
consello escolar había boa disposición a facer o entroido un día pola tarde
todos xuntos, se non fose así xa lles dixemos que o faríamos independente (non
coa temática proposta polo centro)
Convivencias: faremos a festa fin de curso e excursión en
familia coma estes dous últimos anos. Retomaremos as saídas aos museos.l
Solicitamos colaboración para facer talleres e para
participar na directiva xa que para o ano a intención é que a vaian collendo
outras persoas.
9.
Rogos e preguntas:
a.
Consello escolar: explicamos a importancia da participación dos pais e nais no Consello
escolar e que dende o centro nos piden máis participación. Anótase Miguel Rubio
b.
Libros e xoguetes: mandarase unha circular solicitando libros
e xoguetes en bo estado para os recreos no comedor, para infantil e a
biblioteca proposta feita polos mestres do centro.
c.
Proposta de facer swaap: trátase dun intercambio de roupa e
calzado a través de vales. Facelo en festas ou un día en concreto. A cada
prenda se lle da un valor simbólico e canxéase por outra prenda co mesmo valor
simbólico.
d.
Ofrécese unha nai voluntaria para axudar puntualmente pintando, barnizando…
e.
Preguna unha nai se se fan charlas sobre bulling. Contestamos
que si, daraa a Garda Civil no segundo trimestre. As familias será un día pola
tarde e ao alumnado de cursos superiores
dase en horario escolar.
Sen
máis asuntos que tratar levántase a sesión
ás 19:20 horas.
A
Presidenta A Secretaria
Penélope
Naveira Beatriz Vázquez
No hay comentarios:
Publicar un comentario