Este ano haberá condicións novas para os pagos das cuotas de socio/a (renovación ou alta) xa que non se poderá pagar no colexio ( durante o curso 2020-2021 os pais e nais só poderán acceder as instalacións do colexio con cita previa autorizada polo centro)
1º caso: Renovación da condición de socio/a
Transferencia de 20 euros ao seguinte número de conta:
ES45 2080 0088 1330 4000 0414
indicando no concepto o nome do alumno/a (non é necesario cubrir a ficha agás que houbera algún cambio que notificar -enderezo,etc....)
2º Caso: Alta de novo/a socio/a
Transferencia de 20 euros ao seguinte número de conta:
ES45 2080 0088 1330 4000 0414
indicando no concepto o nome do alumno/a. Tamén será necesario descargar a ficha de socio da páxina do blogue do ANPA e enviarla por e-mail a apaluisseoane@mundo-r.com o por whatsApp ao teléfono do ANPA
Lembrade que aqueles que soliciten praza de comedor terán que ter abonada a cuota (20 euros por familia) e 10 euros de seguro escolar por neno/a antes de rematar setembro
Se a alguén lle resultara imposible facer a transferencia terá a posibilidade de pedir cita para o luns de 4 a 6 e facer o abono nas instalacións da ANPA
No hay comentarios:
Publicar un comentario