Queridas familias e demais membros da COMUNIDADE EDUCATIVA do CEIP LUIS SEOANE
-As últimas instruccións da Consellería de Educación teñen data do 13 de Marzo do 2020.Estas, figuran no Portal Educativo da Xunta e, na reunión de Equipos Directivos convocada o día 11 para tratar o tema as instruccións recibidas foron consultar o PORTALDA EDUCATIVO DA XUNTA e recomendar as familias consultar no dito Portal a WEB DAS FAMILIAS, onde se irían actualizado as informacións e disposicións.
- Despois disto houbo actualización ás disposicións por parte da Consellería de Sanidade e intervención onte do Presidente do Goberno na que se decretaba o ESTADO DE ALERTA.
Diante da situación que estamos a vivir parécenos obrigado comunicar que o CEIP Luis Seoane queda a cargo do equipo directivo.Non se require a presenza do persoal docente e non docente no centro.
“HAI QUE QUEDAR NA CASA”
Dende o centro estamos a procurar atender ao alumnado polos medios telemáticos e/ou doutra índole que acorden os equipos docentes e que, cando menos, figurarán na páxina web do colexio.
Calquera dúbida consultadea por correo electrónico ou chamada telefónica ao 676727505que estará operativo dende o luns 16 de Marzo.Intentaremos tamén, na medida do posible, manter actualizada a información na páxina web do centro e colgar calquera información que sexa importante para a comunidade educativa respectando estrictamente ás instruccións das autoridades sanitarias e educativas.
Moitísimas GRAZAS a todxs pola vosa colaboración.
Disto só podemos sair todxs xuntos e imos conseguilo.
CODO CON CODO
Maria Ruiz Equipo directivo
No hay comentarios:
Publicar un comentario