Como xa sabedes polo resumo da acta da última reunión haberá un cambio na directiva da ANPA. Penso que falo en nome de todo o conxunto da comunidade escolar ao felicitar á Directiva da ANPA sainte polo seu traballo, esforzo, entrega e simpatía ao longo destes anos... e tedes que saber que unhas poucas críticas non constructivas non poden empañar a vosa dedicación e unha labor máis que sobresaliente que merecen o recoñecemento de todos. Desde este blog envíamosvos unha aperta grandísima e moitísimos bicos. Moitísimas grazas por todo.
Parabéns tamén e moítos ánimos para a Directiva entrante que toma o testigo cando parecía que ninguén quería tomar a responsabilidade de continuar un traballo do que todos saímos beneficiados e en especial os nosos fillos e fillas. Fago desde aquí un chamamento para que todos colaboremos con elas.
Moitas grazas por dar un paso adiante. Nestes tempos de falta de compromiso en xeral, a vosa actitude merece un grandísimo aplauso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario