martes, 22 de diciembre de 2015

Acta da última reunión celebrada polo ANPA

Asamblea Xeral ordinaria do 30/11/2015
Hora: 17:30 1ª convocatoria e 18:00 h 2ª convocatoria no comedor do centro. Nº de asistentes: 18 pais

* Lectura da acta anterior e aprobación da mesma, comunicamos o cambio de lugar dun párrafo para poñelo no
apartado correspondente onde se fala das axudas aos nen@s de sexto curso.
* Previsión Estado de contas

o Socios: 280 familias
o Seguro escolar: 285 nen@s
o Madrugadores: 15 nen@s
o Comedor: 128, incluidas as 5 prazas de comedor social. Non todos comen todos os días, sobre 117.
o Ingresos: 41760 € provisionais (sen incluir subvencións)
o Gastos: 62495 € previsión anual
o Subvencións do Concello de Oleiros para este ano 24.314,55 €, a da Diputación non chega a 1000 €, cando solicitamos oito mil para mercar 24 ordenadores para as clases de informática. Dada a cantidade que nos dan, so dou para mercar 2 ordenadores e uns proxectores. Subvención de comedores da Xunta: 5552,82 €, que se repartirá íntegramente entre os comensais deste curso escolar a finais de xuño.



* Actividades extraescolares
Manteñense as actividades do ano anterior e añádese zumba. Na que os máis pequenos poden vir acompañados dun adulto, para favorecer as actividades en familia. Amplíase manualidades a todos os días e quitouse informática para os máis pequenos porque o ano anterior desmontaban as pezas dos teclados. Non saiu adiante nin English Flyers nin Música II porque non se reunieron participantes suficientes.
Separamos os de primaria en dous grupos porque había moita diferencia de idade nalgunhas actividades. Esto supón descolocar algunhas actividades e recalcamos a dificultade de organizar para que a todo o mundo lle vaian ben. Hai que ter en conta os espacios que temos, os monitores que fan varias actividades, etc.

* Comedor escolar
Estamos contentos con Jardanay, e o persoal de cociña tamén. Este ano estanse facendo algúns pratos máis na cociña do Centro. Vanse subir ao Blog do Anpa fotos de algúns dos pratos.
Houbo queixas de que se forzaba aos nenos a comer e algún pai non quere que se lle obligue. Un afectado expón o seu caso e di que está encantado coa labor de Manuel porque o neno non comía nada e agora xa come moito mellor, e foron os memos pais quen o autorizaron para que lle insistise. A conclusión á que chegamos dende a directiva é que non se vai obligar a comer se os pais non queren que se lle insista ao seu fill@ para
que coma pero que este/a non se levantará da mesa para ir a xogar e que esperará alí ata que veñan a recollel@.

* Fotos: presentanse as distintas ofertas que nos fan as empresas e dicimos que estas deixarían ao ANPA un beneficio de 1500 € ou que podemos seguir coma estes últimos anos facendo foto de grupo de clase e de curso, coa colaboración desinteresada de Suso. Os socios pagarían 3 € por unha foto e 5€ por dúas fotos. Os non socios pagarían 5 € por unha e 8 por as dúas fotos. Na medida do posible imos intentar que as fotos sexan menos serias e máis divertidas. Foi a votación este punto e por maioría absoluta gañou a opción de foto de clase e grupo realizada por Suso.

* Axudas alumnado de 6º
As axudas serán de 50€ por neno para os que leven como socios un mínimo se 3 anos, incluido este ano. Neste momento hai 35 socios en sexto. O que viñera novo para o cole, e polo tanto non puidese cumprir este requisito, seralle prorrateada a un 33% por ano. Esto foi decidido así para beneficiar aos que eran socios porque querían e non só en sexto para beneficiarse da axuda.

* Biblioteca
No último Consello escolar propuxemos colaborar co Cole para renovar a biblioteca. Aceptaron a nosa proposta e pedimoslle ao Concello o material que será proporcionado cando os avisemos. Solicitaremos tamén ás familias a súa colaboración cando decidamos co centro que é exactamente o que imos facer. Tamén imos solicitar libros de edicións actuais para renovar a biblioteca tanto de Primaria coma de Infantil.
Imos solicitar tamén nunha próxima circular xogos para infantil de exterior e interior e para sala de xogos. Preferiblemente sen pilas e se son con pilas e non funcionan non importa, prefíreno así, despertan máis a súa imaxinación.

* Convivencias
Faremos saídas aos museos da Coruña, xa que estamos pagando a cuota de 75 € anuais, como en anos anteriores. Tamén queremos repetir os Talleres en familia coma o curso pasado. Faranse festas no cole pola tarde se o Centro nas fai pola mañá.

* Varios
o Transporte escolar: unha nai presenta unha queixa sobre a inexistencia de cinturóns de seguridade nalgúns buses. Lévase ao Consello escolar polo ANPA e dirección presenta unha queixa ante Transporte na Consellería de Educación, pero a empresa alega que cumple coa normativa. Dáselle a palabra e explica o que pasou. Esta nai pide cita co Alcalde de Oleiros,co apoio do ANPA e presentalle o problema. Dende a Concellería de Educación vaise facer un escrito á Consellería de Educación e outro dende o ANPA. Preguntámonos se non sería posible que os combinen cos
interurbanos. A empresa insiste en que están amaparados pola lei e que ata o ano seguirán así.
Outra nai di que cando van de excursión tamén van sen cinturóns. O que a empresa lle comunicou ao director é que para as saídas sempre irían con cinturóns. Ás veces sucede que son outras empresas as que mandan, depende de quen organice a saída, e dende a directiva descoñecemos se veñen con o usen cinturóns.

o Conta bancaria
A Federación de Anpas chegou a un acordó con La Caixa para que non cobre comisións xa que moitos bancos si as cobran. Imos informarnos ben como son as condicións porque se é só durante un ano seguimos con Abanca, xa que a temos preto, aínda que recoñecemos que se pasan coas comisións. Na seguinte reunión votaremos as diferentes opcións.

o Uniforme escolar
Dende a directiva vemos que non ten moita aceptación, valoraremos votar ao final de curso se se continúa con el. Tamén valoraremos cambiar o modelo do chándal, que si ten máis aceptación. Que sexa de algodón e máis bonito.

* Rogos e preguntas

Unha nai queixase porque o neno que vai a madrugadores un día unha nai autorizada quixo sacalo da fila para que xogase co seu amigo antes de entrar e a titora chamouna ao traballo que eso non se podía facer. Ela preguntara ao responsable de madrugadores e quedaran en que non había problema. Non ten ningún problema se non pode ser, pero non lle gustaron as formas.

Dende a Directiva do ANPA, solicitase a colaboración para festas, actividades diarias, ideas, suxerencias…






Sen máis asuntos que tratar levántase a sesión ás 19:00 horas

A Presidenta A Secretaria



Penélope Naveira Beatriz Vázquez

No hay comentarios:

Publicar un comentario